Despois de días descendendo, nesta xornada Valdeorras rexistra unha lixeira repunta nos casos activos de Covid. A comarca contabiliza 166 positivos, o que supón 10 máis que onte, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).
Soben os contaxios activos no Barco con 104 positivos (2 máis que onte), en Larouco con 1 e en Petín con 4 (ambos municipios estaba ata agora tamén libres de virus), na Rúa con 22 (3 máis que onte) e en Vilamartín con 8 (1 máis que onte).
As cifras de casos son as mesmas de onte no Bolo con 9 positivos, en Carballeda con 12 positivos e en Rubiá con 2 positivos.
O único concello que rexistra un descenso de casos é A Veiga con 4 positivos, 1 menos que onte.