OurenseÚltima hora

Liberado polos equipos de emerxencia un home atrapado baixo un tractor en Baños de Molgas

 

Varias persoas particulares poñíanse en contacto co 112 Galicia a pasada noite, arredor das 23:15 horas, para informar de que escoitaban berrar a un home, xa desde a tarde, nunha zona de monte entre Almoite e Baños de Molgas. Segundo indicaban, saíran a comprobar se había alguén ferido e solicitaban medios para dar coa persoa, tal e como indica o 112 Galicia.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do GES de Maceda, dos Bombeiros de San Cibrao das Viñas, de Protección Civil da localidade e dos axentes da Garda Civil.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o home foi atopado cun pé atrapado debaixo dun tractor nun terreo lameiro e, tras ser liberado polos Bombeiros de San Cibrao e o GES de Maceda, o varón foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button