Esta actividade, na que participaban escolares do municipio, incluía lecturas e exposicións
Para celebrar as Letras Galegas 2019, dedicadas a Antonio Fraguas, a Biblioteca Municipal da Rúa organizaba unha actividade con escolares deste municipio o 16 de maio, que incluía lecturas. Nela participaban alumnos de primaria do Colexio Pablo VI-Fátima. Ademais a biblioteca acollía unha mostra dunha colección de marcapáxinas e outra vencellada cun dos principais eidos de traballo de Fraguas: a etnografía.
Así a biblioteca ruesa amosaba prendas do traxe tradicional galego, así como instrumentos musicais, xogos e cestería, ademais de libros do autor homenaxeado.
Fotos: Biblioteca Municipal da Rúa.