DeportesÚltima hora

Lucas Mondelo responde a Marta Xargay e á Federación Española de Baloncesto

O seleccionador nacional absoluto feminino publicaba hoxe un comunicado nas redes sociais

Lucas Mondelo, nun dos partidos da selección española feminina nos Xogos Olímpicos de Tokio.

 

A Federación Española de Baloncesto (FEB) anunciaba o pasado 6 de agosto que Lucas Mondelo, técnico de orixe valdeorresa, non ía continuar como seleccionador absoluto feminino “pola non consecución dos obxectivos deportivos que figuran nunha das cláusulas do seu contrato”. Pouco despois, El País publicaba unha entrevista cunha ex xogadora da selección, Marta Xargay, na que aseguraba que como consecuencia do trato do seleccionador sufriu bulimia e, a raíz desta información, a federación emitía un novo comunicado o 8 de agosto amosando o seu apoio a Xargay e a súa “firme condena ante os feitos que se relatan en dita información”, así como o seu “rexeitamento a cualquera conduta abusiva dentro do mundo do deporte”.

Despois de todo isto, Lucas Mondelo publicaba este martes 10 de agosto nas redes sociais un comunicado co que rompía o seu silencio para responder ás palabras da ex xogadora a ás notas de prensa da FEB “en calidade de vixente seleccionador nacional e como persoa con trascendencia pública”.

Lucas Mondelo expresa o seu “rexeitamento total, sorpresa e consternación” polas declaracións de Xargay e asegura que “a día de hoxe o presidente da FEB non se puxo en contacto comigo para coñecer a miña opinión, a do seu seleccionador nacional absoluto sobre este grave asunto, dando por veraces unhas manifestacións que en nada se axustan á realidade, con vulneración de dereitos fundamentais e co claro obxectivo de danar ao máximo a miña reputación, todo dentro da campaña de acoso á que estou sendo sometido, tras “a renovación do meu contrato ata o 2024“, tanto antes como despois do anuncio do meu despido, que é efectivo o 6 de novembro de 2021”.

Mondelo tamén explica que “toda a planificación e execución dos métodos de traballo implantados por min nos últimos 11 anos na FEB son aprobados pola Dirección Deportiva e polo presidente, habendo recibido sempre eloxios e felicitacións por parte deles. Ante esta gravísima situación, puxen en mans dos meus asesores legais o estudo de todo o acontecido para exercitar as accións legais oportunas”.

A continuación, reprodúcese íntegro o comunicado publicado por Lucas Mondelo nas redes sociais.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button