CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Lucía Álvarez e Rosa Torres-Pardo renden homenaxe a Rosalía en Francia

Imaxe do espectáculo./ Cedida.

 

O espectáculo “A Rosalía. Concerto para piano e voz emocionada” da actriz Lucía Álvarez, natural de Mouruás (Río) e da pianista Rosa Torres-Pardo, chega agora a Francia. En concreto poderá verse o vindeiro luns 22 de novembro ás no Auditorio Le Rocher de Palmer de Cenon.

É un espectáculo nada convencional que xa ten movido por varios escenarios internacionais. Xungue poesía, música e voz para homenaxear a unha poeta galega universal. Os versos de Rosalía de Castro e os dos poemas galegos de Federico García Lorca únense cunha escolma de composicións musicais de autores.

Así, a partir das notas de Chopin, Schubert ou Mendelssohn, a literatura de Rosalía adquire toda a súa dimensión musical; a propia escritora tocaba arpa, frauta, guitarra, mandolina, piano e armonio. A riqueza do seu universo, tan afastado e tan moderno, destácase aquí admirablemente. Esta actuación realizarase en colaboración co Instituto Cervantes.

Artigos relacionados

Back to top button