CulturaCulturaÚltima hora

Lucía Álvarez levará ao cine “Amor de madre”, un relato de Almudena Grande

Dirixirá unha curta protagonizada por Esperanza Elipe e coa produción de Mezzoforte e Caterina Producciones

A actriz Lucía Álvarez./ Foto: Cuco Cuervo.

 

Lucía Álvarez asume a dirección dunha nova curtametraxe, no que leva ao cinema un relato de Almudena Grandes, “Amor de madre” (1994), respectando de forma íntegra o texto da autora no que introduce ao lector “nun mundo cheo de matices. Nas contradicións do ser humano e na súa necesidade de sentirse querido e necesario”, resalta a directora e guionista da curta, natural de Mouruás (San Xoán de Río). Trátase dun relato, prosegue, que “analiza de forma brillante o extremo ao que nos pode levar o amor e plantexarnos se calquera acción é válidad para conseguilo ou mantelo. Faranos reflexionar sobre nosas propias accións e sobre onde están os límites”.

O elenco co que Álvarez contará para este novo proxecto (producido por Mezzoforte e Caterina Producciones) está encabezado pola actriz Esperanza Elipe e del tamén formarán parte María José Alfonso, Francesco Carril, Israel Elejalde, Ginés García Millán, Fernando Delgado-Hierro, Denís Gómez, Ángela Ibáñez, Miquel Insua, Chumo Mata, Manuel Morón, Jorge San José, Enrique Silguero e Abril Zamora.

 

 

A dirección de fotografía correrá a cargo de Manuel do Moral e a foto fixa de Carla Oset e a música será composta e interpretada para esta película por Javier Ruibal.

Almudena Grandes dicía de “Amor de madre” que era “un conto de orixe atípica que xurdiu durante un xantar nunha cervexaría do centro de Viena, en decembro de 1993. (…) O resultado foi este pequeno esperpento, que está máis vinculado do que parece a outro relato de ton vertiginosamente distinto. «La buena hija» (1995). A áspera indiferenza que pode chegar a instalarse entre unha nai e unha filla, apuntada nas idades de Lulú, contribúe decisivamente a construír o mundo de Malena é un nome de tango”.

Este relato, que non é dos máis coñecidos da escritora, plasma a unión entre algúns dos seus personaxes máis emblemáticos. Esta adaptación de Lucía Álvarez é posible grazas á xenerosidade dos herdeiros de Almudena Grandes e da editorial Tusquets.

Artigos relacionados

Back to top button