De cara ás vindeiras datas do Nadal, o Concello de Viana do Bolo ten preparadas multitude de actividades para facer desta unha época moi especial. A programación de actividades infantís comezará coa, xa tradicional, Ludoteca de Nadal, do 26 de decembro de 2022 ao 5 de xaneiro de 2023 en horario de 10 a 14 horas e dirixida a menores nados entre 2010 e 2018.
Os interesados poden realizar as inscricións do 13 ao 20 de decembro no CIM de Viana (988 329 260). Nesta actividade o límite de prazas está limitado a 50.
Na edición deste ano da Ludoteca haberá varias novidades: “aumentamos o número de prazas ofertadas (de 20 a 50 prazas), ampliamos o horario das actividades ( de 3 a 4 horas) e ampliamos o rango de idade dos/as participantes (poden asistir nenos/as a partir de 3 anos)”, segundo adiantan dende o Concello de Viana do Bolo.
As actividades están enmarcadas dentro do Plan Municipal de Medidas de Conciliación e subvencionadas polas Secretaría Xeral da Igualdade.