Nun mitin celebrado esta tarde na Pobra de Trives, no marco da campaña electoral das eleccións europeas, o presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, advertía de que Europa “é moito máis ca un Parlamento e o reparto de fondos de desenvolvemento. Tamén é un inmenso mercado de case 450 millóns de persoas no que promocionar os produtos de calidade da comarca de Trives”. E incidía na necesidade de contar en Europa “cunha ampla representación dun partido de goberno como o PP, comprometido no impulso de medidas que favorezan o dinamismo económico”.
A viticultura, gandería en extensivo ou mel foron algunhas das producións citadas polo líder popular á hora de falar da apertura cara novos mercados exteriores, engadindo outros ámbitos que tamén teñen capacidade de atractivo en Europa como o turismo a través da Ribeira Sacra ou da estación de montaña de Manzaneda.
En clave política, Luis Menor chamou á mobilización dos representantes públicos e militancia popular na comarca para dar “unha resposta contundente ao continuo desafío que fai Sánchez contra os nosos dereitos e liberdades”. Na provincia de Ourense, reclamou Menor, “temos que dar unha lección de convivencia, moderación e respecto aos dereitos e igualdade, e para iso cómpre obter un resultado tan contundente como o das eleccións autonómicas, co apoio do 50 % do electorado