OurenseÚltima hora

Luis Menor reafirma a cooperación da Deputación de Ourense co Eixo Atlántico

O presidente provincial mantivo un encontro de traballo co secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, no que analizaron os proxectos que desenvolve esta entidade e a Deputación de Ourense como socia

 

A Deputación de Ourense reafirma a súa cooperación co Eixo Atlántico “como un instrumento axeitado para participar na reivindicación de melloras estratéxicas en materia de comunicacións, industria, servizos sociais ou cultura, ademais da captación de fondos europeos que axuden a desenvolver o territorio galego e o norte de Portugal”.

Así quedou de manifesto na reunión que mantiveron esta mañá o presidente provincial, Luis Menor, e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, na que analizaron os proxectos nos que está a traballar esta entidade e a Deputación de Ourense como socia.

“No Eixo Atlántico temos un apoio moi importante para continuar a defender os intereses da provincia e levar a cabo así accións conxuntas de interese en materia de turismo, medio ambiente ou cohesión social, facilitando así tamén a relación co norte de Portugal”, explicou Luis Menor, que se referiu a iniciativas como o aproveitamento do patrimonio cultural e natural asociado á Vía Nova, proxecto pendente de avaliación e no que a Deputación exercería como socia e líder, ademais doutros plans en estudo como unha auditoría de produtos gastronómicos e do viño para impulsar estratexias turísticas.

Artigos relacionados

Back to top button