DeportesÚltima hora

Luis Nogueira, medalla de ouro en xavelina no Campionato de España Máster

Tamén conquistaban medallas outros tres atletas do Club Adas: José Manuel Bao e David Vázquez
O atleta Luis Nogueira, natural de San Vicente de Leira (Vilamartín), nunha competición anterior./ Foto: Carlos G. Hervella.

Nova medalla para o vilamartinés Luis Nogueira. O atleta do Adas vén de converterse en campión de España en lanzamento de xavelina no campionato nacional máster que se celebraba na fin de semana do 29 de xuño ao 1 de xullo en Vitoria.

Na categoría de M60 Luis Nogueira lograba un lanzamento de 53.42 m, que lle supoñía unha máis que notable vantaxe sobre o segundo clasificado, Rafael Rallo (Playas de Castellón), que se quedaba nos 35.77 m.

Tamén se subía ao podio en Vitoria o atleta do Adas José Manuel Bao, que competía na categoría M60 e conquistaba a prata na proba de 100 m e o bronce na de 200 m. Ademais nesta última modalidade lograba o récord galego cunha marca de 27.42.

O capítulo de medallas do club valdeorrés neste nacional máster completábase coa prata que lograba David Vázquez Blanco na lonxitude M35, onde acadaba outro récord galego cunha marca de 6.77.

Artigos relacionados

Back to top button