CulturaCulturaEducaciónEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Luísa Villalta xa ten o seu pórtico poético e musical no Malecón do Barco

É obra do alumnado coordinado polos Equipos de Dinamización dos 6 centros de ensino barquenses e do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá

 

Versos, datos biográficos e literarios, pero tamén debuxos e recreacións de instrumentos coroan un fermoso e orixinal pórtico que no Paseo do Malecón do Barco rende homenaxe a Luísa Villalta, escritora e violinista á que neste 2024 se lle dedican as Letras Galegas. Esta singular proposta é obra do alumnado e dos Equipos de Dinamización dos seis centros de ensino do Barco (IES Martaguisela e Lauro Olmo, CEIPs Condesa de Fenosa, Julio Gurriarán e Otero Pedrayo de Viloira e Colexio Divina Pastora) e do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá, exponse dende a tarde deste 20 de maio.

 

 

 

Profesorado e alumnado colaboraban na instalación desta singular montaxe nesta tarde de 20 de maio. Con ela pretenden achegar á sociedade valdeorresa a biografía e labor literario desta poetisa dun xeito creativo, orixinal e ao mesmo tempo incide na estreita vinculación entre música e poesía que resoa na súa literatura. Así, tomando como referencia o Pórtico da Gloria recréanse algúns dos seus instrumentos de corda (salterios, organistrum, violas en oito e violas ovais), intercalados entre versos, debuxos e textos, pendurados entre as árbores do Malecón.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button