“Os sindicatos con representación no Concello do Barco aprobaron onte de xeito unánime a RPT do Concello, nunha xuntanza celebrada a primeira hora da mañá nas dependencias municipais entre
representantes sindicais e do goberno local. O texto da RPT estudado nesta reunión foi votado a favor por todos os asistentes”, tal e como vén de informar a través de nota de prensa o Concello do Barco.
A negociación da RPT foi obxecto de diversas reuniónsnos últimos meses e, “tras a aprobación por parte dos sindicatos, o texto deberá seguir o trámite administrativo necesario para a súa aprobación definitiva polo pleno da Corporación”, segundo o grupo de goberno.
O alcalde do Barco, Alfredo García, asegura que este acordo “é froito de moito traballo. E, ademais, resulta especialmente satisfactorio ter conseguido a unanimidade de todos os sindicatos con representación no Concello”.
Fotos: Concello do Barco.