ConcellosÚltima hora

Magosto e homenaxe na Asociación de Xubilados e Pensionistas Virxe dos Remedios de Castro Caldelas

 

En Castro Caldelas vén de celebrarse esta fin de semana o Magosto da Asociación de Xubilados e Pensionistas “Virxe dos Remedios”, que contaba cunha numerosa participación. Ademais no seu decurso rendíase homenaxe a quen foi a fundadora da entidade e presidenta: Pepita Carballo.

“Unha muller traballadora, fiel e responsable coa que sempre me sentín cercana e apreciada. Hoxe recibíu o cariño e o agasallo de todos os socios no transcurso do xantar. Non foi un adeus senón un relevo xeracional donde se deu a benvida á nova presidenta Corona”, resaltaba a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Ademais a rexedora manifestava que “o Concello de Castro Caldelas seguirá apoiando a todos os movementos que altruistamente traballen polo desenvolvemento e mellora da vida dos caldelaos, pola súa cultura, paisaxe, gastronomía, ocio, infancia e maiores”.

Artigos relacionados

Back to top button