OurenseÚltima hora

Magosto en Vilardevós o 9 de novembro

Imaxe da pasada edición do Magosto en Vilardevós./ Foto cedida.

 

A praza do Cruceiro de Vilardevós acollerá o vindeiro 9 de novembro a partires das 20:30h. a celebración do Magosto. No seu decurso poderá desfrutarse dun menú a base de churrasco, panceta, chourizos, castañas, bica, pan, viño, auga e licores.

As persoas interesadas poderán apuntarse nos bares de Viladervós antes do 6 de novembro. O prezo das entrads será de 10 euros para os adultos e de 5 euros para os nenos.

Despois haberá baile amenizado polo dúo Sabrosito. A celebración será organizada pola Asociación Cultural Os Chocalleiros de Vilardevós.

 

Artigos relacionados

Back to top button