EconomíaEconomíaÚltima hora

Magosto na tarde do 20 de outubro na Tapería Agarimo do Barco

 

Na tarde do vindeiro 20 de outubro a Tapería Agarimo, situada no casco vello do Barco, organizará o seu magosto. Será unha celebración limitada a un aforo de 150 persoas, por iso dende este establecemento destacan que é importante que as persoas interesadas realicen previamente a súa reserva.

O menú deste magosto (cun prezo de 10 euros por persoa) incluirá unha ducia de castañas, un bolo preñado, panceta e pan, ademais de bebida e unha sobremesa. Ademais hai menú para nenos, con castañas, mini pizza ou bolo preñado e bebida por 5 euros por neno. “Se alguén non desexa coller o menú completo pode coller cousas por solto, pero só baixo reserva no teléfono 681 90 36 53”.

Artigos relacionados

Back to top button