CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Máis de 3.332 euros de redacación no concerto solidario coas vítimas de Ucraína deste sábado en Sober

 

A organización do Concerto solidario coas vítimas de Ucraína, en colaboración co Concello de Sober, valoraba de maneira moi positiva o resultado desta iniciativa benéfica. Ademais quere dar as “grazas de todo corazón á xente que se achegou o pasado sábado á Praza do Toural e a toda aquela que fixo as súas achegas polas vías previamente habilitadas. E grazas tamén a Os Parentes e DJ Nacho Morales e Elías Vieira”.

A contía recadada foi de 3.332,42 euros que irán destinados de xeito íntegro ás persoas de Ucraína a través da conta que habilitou a Asociación AGA-Ucraína.

O concerto forma parte das actividades enmarcadas no “Mes do Amandi”, que organiza o Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button