A RúaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Máis de cen persoas dan vida ao “Barrio de Belén” no Cabo da Vila de Viana do Bolo

Contaba con máis de vinte escenas diferentes e tiña lugar entre as catro e as seis da tarde deste domingo

 

Durante unhas horas, entre as catro e as seis deste domingo 18 de decembro, o Cabo da Vila de Viana do Bolo convertíanse nun “Barrio de Belén”. Grazas a colaboración de máis dun cento de persoas poñíase en marcha un singular Belén vivinte, de máis de vinte escenas e cheo de detalles e recantos peculiares. Por suposto, non faltaba o portal, nin os Reis Magos, nin os pastores, os soldados romanos, nin Herodes.

 

 

 

Tamén soaban as gaitas e recreábase un mercado cos seus postos, unha cantina e multitude de oficios, dende panadeiras e lavandeiras ata oleiros e fiadeiras. Para darlle vida a este nacemento tan especial contábase con de máis dun cento de persoas.

 

 

Esta iniciativa, incluída no programa de Nadal de Viana do Bolo, estaba coordinada dende o Concello contando coa colaboración de diferentes asociacións, da parroquia e de veciños de Viana do Bolo, Penouta, Mourisca e Fradelo. “Queremos destacar o interese da xente e a súa motivación, están moi implicados, e hoxe tamén se viu que estaban moi contenta co resultado”, sinala a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Atención Cidadá de Viana do Bolo, Ramona García, que agradece a colaboración.

Este belen vivinte de Viana concluía cunha chocolatada para todos os participantes.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button