CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Máis de seiscentos espectadores na edición virtual de MUSGO

O artista ourensán Lowkirmo, o asturiano Ferla Megia e o proxecto internacional PRETTY PRETTY 2000, mostraron a súa música nas canles do evento en YouTube e Twitch

 

Dende tres salas e no espazo virtual, vía streaming, celebraba o festival musical MUSGO a súa segunda edición este sábado día 21 de novembro, sendo o artista ourensán Lowkirmo, o asturiano Ferla Megia e o proxecto dende centroeuropa PRETTY PRETTY 2000, os que mostraron a súa música nas canles do evento en YouTube e Twitch.  Os concertos retransmitíronse dende o Café Pop Torgal e El Pueblo Café Cultural de Ourense, así como dende o espazo de innovación Factory, en Berlín.

Esta segunda edición de MUSGO parte do éxito que colleitou a primeira, con máis de 3.000 persoas mobilizadas para asistir ás actividades promovidas en 2019 no casco histórico de Ourense, e volve ser beneficiaria da liña de subvencións para festivais, ciclos e mostras da Deputación Provincial de Ourense, contando tamén coa colaboración de Xunta-Xacobeo 2021, SON Estrella Galicia, Gadis, Leroy Merlin e Viña Costeira.

Artigos relacionados

Back to top button