O campamento estival “Un verán en acción” que se desenvolve nas instalacións do Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras dende o 24 de xuño está centrado no apartado deportivo (deporte de implemento, psicomotricidade, deportes de equipo con pelota,… pero tamén teñen talleres de manualidades e saídas pola vila.
Unha desas visitas programadas ao Concello tiña lugar na mañá deste mércores 10 de xullo. Os cativos que asisten ao campamento (uns 50 de entre 3 e 12 anos) eran recibidos no Salón de Actos polo alcalde do Barco, Alfredo García e pola concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta. Despois visitaban a oficina da Policía Nacional e por último ían ao parque do Malecón para rematar a xornada con xogos variados.
Fotos: Álex Lorenzo.
Máis información e fotos:
Os nenos do campamento de verán do Colexio Divina Pastora visitan o Concello do Barco