CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Mañás de xogos, convivencia e moito fútbol, no VI campus de verán do CD Rúa

Hoxe arrancaba a primeira semana do campamento polo que pasarán en total uns 60 cativos

 

Dende hoxe e ata o 21 de xullo o campo de fútbol Vicente Solarat Maceda, da Rúa, encherase de cativos con ganas de aprender, compartir e sobre todo desfrutar do tempo de lecer.

Na mañá deste luns 3 de xullo arrancaba a VI edición do campus de fútbol de verán do CD Rúa, organizado en colaboración co Concello, polo que pasarán en torno aos 60 cativos de idades comprendidas entre os 3 e os 16 nenos, contando coa presenza da alcaldesa María G. Albert e do concelleiro Avelino Fernández.

 

 

A primeira quenda do campus estenderase ata o venres e ao longo da semana os pequenos distribuídos en grupos de idade e con dous monitores ao cargo, aprenderán técnica e táctica futbolística pero sobre todo poderán xogar ao fútbol fomentando valores coma o compañeirismo ou a deportividade. Os máis pequenos pasarán tamén tempo no parque infantil ubicado na área recreativa do Aguillón, así como da piscina onde rematarán as sesións cada día.

 

 

A segunda quenda irá do 10 ao 14 de xullo e a terceira do 17 ao 21.

Fotos: Verónica Vieira/ Por las Ramas Estudio.

Artigos relacionados

Back to top button