EconomíaEconomíaÚltima hora

Mantense a concentración en defensa das pensións do 29 de outubro

Está convocada tamén por CCOO e polo Colectivo de Pensionistas de Valdeorras e nela vanse presentar achegas a un escrito madurado polo grupo de traballo coas peculiaridades propias das pensións galegas

Malia que nun principio decidían que a do 22 de outubro sería a última concentración de outubro en defensa do sistema público de pensións, finalmente o sindicato CCOO e o Colectivo de Pensionistas de Valdeorras acordaban manter a que xa estaba convocada para o día 29 deste mesmo mes ás 12h. na praza do Concello do Barco.

“Nela vanse presentar achegas a un escrito madurado polo grupo de traballo coas peculiaridades propias das pensións galegas para, unha vez elaborado, lelo na concentracion do próximo luns e facer copias para entregar en man a poboaciòn en xeral e mirar de levalo ao pleno do Concello para a sua aprobación”, adiantan dende CCOO.

Tamén se acordaba seguir pegando carteis informativos e darlle máis difusión a esta “última concentración ata ter novas da aprobación dos presupostos do 2019”, enganden os convocantes.

Artigos relacionados

Back to top button