CulturaCulturaÚltima hora

Manuel Rivas recolle o premio “Celanova, Casa dos Poetas”

Esta distinción homenaxea a un galego que ao longo da súa vida destacara pola súa defensa dos valores culturais de Galicia
O escritor Manuel Rivas, tras recibir o galardón.
O escritor Manuel Rivas, tras recibir o galardón.

O escritor e xornalista Manuel Rivas recibía na mañá do 7 de setembro na Casa do Concello de Celanova o trixésimo premio “Celanova, Casa dos Poetas”. Este galardón ten como finalidade homenaxear a un galego que ao longo da súa vida destacara pola súa defensa dos valores culturais de Galicia.

Na cerimonia de entrega estiveron presentes, entre outros, o presidente da Fundación Curros Enríquez e alcalde de Celanova, José Luís Ferro Iglesias; o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero; o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, e o músico e escritor, Xurxo Souto, encargado das palabras de gabanza ao premiado. ManNeste acto tamén se puido desfrutar coas actuacións do banda de gaitas de Celanova e do grupo Zoar Ensemble.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button