DeportesÚltima hora

Marcha do Club Peña Trevinca Barco para colocar o belén no cume de Galicia

 

Unha vintena de persoas participaba na marcha organizada polo Club Peña Trevinca Barco nesta fin de semana para colocar o belén no teito de Galicia: Pena Trevinca, a 2.127 metros. Os participantes neste traxecto de montaña, algúns deles portando un gorro de Papá Noel ou outro tipo de elementos navideños, partían dende A Cabrita ás 8h. do sábado 10 de decembro.

 

 

Tras chegar ao cumio e colocar o nacemento nel, os montañeiros regresaban a Fonte da Cova en cuxo hotel repoñían forzas compartindo un xantar. Deste xeito o club dalle á benvida ao Nadal 2022.

 

Artigos relacionados

Back to top button