O BNG de Valdeorras celebra na Rúa a entrada de María González Albert, exalcaldesa do mesmo concello, no Parlamento de Galicia. Así, a candidata nacionalista presentábase como nº3 por Ourense, número de deputados que conseguiu na provincia.
“A nivel persoal é unha sensación moi satisfactoria e a nivel de organización política é un grandísimo resultado para o BNG. É un resultado merecido, xa que levan feito un traballo inmenso nestes últimos catro anos e a cidadanía recoñeceuno”, explicaba María Albert. Sen embargo, lamentaba que as formacións de esquerda non lle puideran arrebatar a maioría ao Partido Popular.
“Por un lado estou moi sorprendida, porque contaba con que o BNG tivera unha suba importante, como así foi, pero dende logo non tiñamos idea de que chegaría a ser unha suba tan alta e que en Valdeorras tiveramos unha parlamentaria, que, a diferenza do que acontecía ata agora, se preocupara pola comarca”, concluía.
Fotos e vídeos: Alba Prada e cedidas