O Alcouce de Seadur (Larouco) acollerá a proxección do filme “María Solinha”, do valdeorrés Ignacio Vilar. Comezará ás 22:15 horas e estará presentada polo mesmo director.

A longametraxe, protagonizada por Santi Prego, Antonio Durán “Morris” e Mabel Rivera e producido por Vía Láctea Filmes e a Televisión de Galicia, narra a reconstrución da historia de María Solinha, unha muller acusada de bruxería e queimada pola Santa Inquisición no ano 1621. Foi rodada principalmente en Cangas, Redondela e a Illa de Toralla.