A sétima longametraxe Ignacio Vilar, “María Solinha” foi seleccionada para competir na sección Indieuropea do festival siciliano Taormina Film Fest, un dos certames de referencia para cinema internacional e que este 2020 celebra a súa 66º edición. O festival, que dá comezo o próximo sábado día 11 de xullo na cidade de Taormina, anunciou hoxe, 9 de xullo, os filmes elixidos para cada unha das seccións a través do seu perfil en Facebook.
“María Solinha” (protagonizada por Grial Montes, Laura Míguez, Santi Prego, Mabel Riera e Antonio Durán “Morris”) está percorrendo Galicia este verán cunha serie de estreas que combinan o formato autocine e o cine ao aire libre, sempre en concellos medianos ou pequenos. As próximas proxeccións terán lugar nos concellos de Cuntis (Pontevedra) ás 22:30h e Pantón (Lugo), ás 23:00h.
Fotos: Vía Láctea Filmes.