
Rematando o verán a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras (AMAVA) volve ás clases. O vindeiro sábado 20 de setembro terán unha nova masterclass no local de ensaio, a cargo de Fabio Vz Drummer, diplomado en Maxisterio Musical e Máster en Musicoterapia que axudará a sacar partido á batería (tocar rudimentos, exercicios de independencia, lectura, ritmos, dobre pedal…)
Será a partir das 10 horas, “gratuíto e para todos os interesados, sexan ou no de AMAVA”, asegura o presidente das asociación Ramón Teira.
