CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Masterclass de zumba para celebrar o Día Internacional da Muller, o venres 8 de marzo en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

 

Co propósito de celebrar o Día Internacional da Muller “dun modo divertido e saudable” o Concello de Carballeda de Valdeorras tratará de “reivindicar a igualdade entre homes e mulleres a través do baile”.

Para iso organiza unha masterclass de zumba que se desenvolverá o venres 8 de marzo a partir das 18:30 horas no Parking (xunto ao Centro Social) ou no pavillón municipal en Sobradelo, dependendo das condicións climatolóxicas.

Esta actividade conta coa colaboración da Farmacia de Sobradelo e da Perfumería Ana de la Puente e está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.

Artigos relacionados

Back to top button