Trucos de ilusionismo, con chisteiras, panos e pombas. Pero tamén moito humor e participación do público nun espectáculo dunha hora de duración co o Mago Marco conquistaba ao público este mediodía na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco. Tratábase da función “Maxia para soñar”, promovida pola biblioteca e que forma parte do programa “Ler conta moito” (financiado nun 75% pola Xunta e nun 25% polo Concello do Barco). Neste caso ía dirixida aos membros de Asfaval.
Esta é a segunda actividade deste tipo que acolle a biblioteca barquense dentro deste programa, despois de “Os Nortis e os libros sen título”, que tiña lugar en abril no marco da celebración do Día Mundial do Libro.
Fotos: A.R.