
Do 20 ao 26 de agosto un grupo de corenta e cinco nenos, con idades comprendidas entre os 8 e 11 anos, participaràn no campamento do albergue da estación de ferrocarril de “A Vilavella” en A Mezquita.
Esta iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, ten como obxectivo que “os cativos coñezan a natureza, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre eles e co entorno”, tal e como se informa dende esta administración local.
Por este motivo, “e co fin de recibir unha educación ambiental que lles incentive o respecto e conservación da fauna e flora”, realizarán, a través do xogo e a diversión, actividades como BTT, xeocaching, tiro con arco, parque multiaventura (rocódromo, tirolinas, pontes tibetanos…), piscina, acampada, rastrexo fotográfico, visitas guiadas e veladas de convivencia, tal e como se informa dende o Concello de Verín.