SanidadeÚltima hora

Menos do 19% das persoas convocadas na provincia por primeira vez no cribado do cancro de colon participaron

O programa de cribado permitíu detectar 721 adenomas pretumorais, con distintos graos de risco, e diagnosticar in situ 25 casos de cancro de colon en Ourense.

O doutor Joaquín Cubiella.

 

Mañá conmemórase o Día Mundial do Cancro de Colon, data que sirve para concienciar sobre esta enfermidade e promover o coñecemento sobre os seus factores de risco, estratexias preventivas, e animar á participación nos programas de cribado, como o implantado en Galicia, e ao que foron invitadas o pasado ano en Ourense a 64.297 persoas, cunha participación media do 44.22% (28.434).

A baixa participación (a falta dos resultados anuais definitivos que a poderían aumentar) este reducido seguemento é debido aos participantes que son convocados por vez primeira, nos que a taxa redúcese ao 15.96% en homes e ao 19% en mulleres, fronte ao seguemento masivo dos que xa levan anos sendo convocados. En concreto do 85.1% en homes e o 86.83% en mulleres. Unha das máis altas da comunidade.

Aceptar a invitación para realizar un test de sangue oculta en feces na casa, co equipo que se remite a domicilio, é un método sinxelo, indoloro, rápido e tamén moi efectivo. Un de cada vinte test realizados é positivo á presenza de sangue, o que xera unha invitación para realizar un completísimo e exhaustivo estudio colonoscópico que permitíu o pasado ano detectar 721 adenomas pretumorais, con distintos graos de risco, e diagnosticar in situ 25 casos de cancro.

Na coloscopia detectaronse pólipos, no 69% dos estudos, que se resecaron durante a mesma sendo un estudo totalmente normal no 22%; e só un de cada vintecinco pacientes tiñan un cancro colorrectal na colonoscopia. Na maioría dos casos detectado nun estadío inicial que aumenta as posibilidades de éxito dos tratamentos.

Por elo, Joaquín Cubiella, do Servizo de Dixestivo da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, e responsable do Grupo de Investigación en Oncoloxía Dixestiva del IIS Galicia Sur, ademais de un dos promotores do Programa Galego de Cribado Colorectal, fai un chamamento a participar “na única estratexia que permite previr a aparición do cancro colorrectal”.

Precisamente, polo seu esforzo e avances de investigación no campo da oncoloxía dixestiva, o doutor Cubiella vén de recibir por segunda vez a Beca de Investigación de Tamarite, dotada con 10.000 euros e que lle foi entregada a semana pasada, no congreso nacional da Asociación Española de Gastroenteroloxía (AEG), do que formou parte do seu Comité Organizador.

Incidencia da pandemia na participación e diagnóstico

A pandemia por COVID-19 supuxo un obstáculo para o diagnóstico precoz de todos os tumores, e do cancro colorrectal en particular. Un estudo realizado a nivel nacional, presentado no congreso nacional da AEG, cifrou nun do 34% unha redución na detección de novos casos no período pandémico cunha redución dos pacientes diagnosticados nun programa poboacional de cribado de cancro colorrectal (do 21 ao 12.9%) así como un incremento de pacientes detectados por síntomas dixestivos (do 73.6 ao 82%). Con todo, os tumores diagnosticados non estaban en fases máis avanzadas.

A pesar das dificultades, a actividade do programas poboacionais de cribado de cancro colorrectal normalizáronse a partir de finais do 2020 e actualmente funcionan nas mesmas condicións que antes á pandemia.

1.200 persoas a seguemento en Ourense

Segundo os datos de Globocan, o cancro colorrectal foi o cancro máis frecuente no noso país no ano 2021, cun total de 40.926 casos novos diagnosticados. Estímase que o número de casos diagnosticados se incrementarán ata os 50.000 pacientes anuais no ano 2035. No último ano con estatísticas dispoñibles 15.000 persoas faleceran e 122.110 estaban en tratamento ou en seguimento por un cancro colorrectal.

Na nosa provincia diagnostícase unha media de 390 novos casos de cancro colorectal ao ano e actualmente 1.200 persoas están en tratamento activo ou seguimento na nosa Área Sanitaria, despois dun tratamento curativo.

Artigos relacionados

Back to top button