A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Merenda e moita música no Magosto Foliada de Abertal, en Fontei (A Rúa)

 

Prometían unha gran festa e non defraudaron. Na tarde deste sábado 12 de novembro a Asociación Cultural Abertal da Rúa celebraba o seu tradicional magosto, cambiando nesta ocasión de ubicación e incluíndo unha foliada con varias agrupacións de música tradicional.

 

 

A cita tiña lugar a partir das 18 horas na praza de Fontei cun menú a de bolo preñado, castañas asadas, bica, viño e refrescos, reunindo a máis de 300 persoas en torno ás fogueiras e á  musica, da man de sete agrupacións: Abertal (grupo de gaitas e pandereteiras innfantís, adultos e maiores), Os Parrandas de Córgomo, Mencía de Toral de Los Vados, Macizas Centrais da Pobra de Trives, Os Estoupafoles de Pobra do Brollón, Candaira de Castrelo do Val e Quinchousa de Manzaneda.

 

 

Como convidado de honra, á foliada asistía tamén Faustino Luis Seoane, o gaiteiro do Canizo (A Gudiña), tocando a guitarra aos seus 98 anos. “Un luxo contar con el”, asegura Manolo Durán, fundador de Abertal.

Tralo magosto comezaba a ruta da foliada polos bares da Rúa.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button