EconomíaEconomíaÚltima hora

Mesa coloquio sobre “Valdeorras como destino turístico diferencial”, o 9 de maio no Castro (O Barco)

A iniciativa está promovida polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Barco e terá lugar no Pazo do Castro

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Barco organiza o vindeiro 9 de maio unha actividade en formato mesa coloquio para identificar oportunidades de emprendemento no sector turístico, baixo o título “Valdeorras como destino turístico diferencial”. Terá lugar a partir das 11h. no Pazo do Castro (O Barco).

“Con esta actividade preténdese involucrar a diferentes empresas da comarca a impulsar un turismo de calidade, identificando oportunidades de emprendemento co obxectivo de ofrecer experiencias máis completas e atractivas”, explican dende a organización. O programa da xornada será o seguinte:

11:15-11:20h. Recepción e benvida.
11:20-11:30h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego.
11:30-12:30h. Mesa Coloquio: experiencia no turismo.

Participantes:

  • Polo de Emprendemento O Barco.
  •  Pazo de Castro.
  • Cluster de Pizarra de Galicia.
  • Adega Alan de Val.
  • Adega Roandi.
  • Cova da Xabreira.
  • Enoturismo Galicia
  • A Tenda de Rita

12:30-13:15h. Dinámica de propostas para obter ideas e opcións de emprendemento que dean resposta ás necesidades do sector.

13:15-13:30h. Exposición das conclusións.

13:30 h. Viño valdeorrés.

Artigos relacionados

Back to top button