CulturaMúsicaÚltima hora

Miguel Arias actuará no “Terrasón 2020” do Barco o día 5 de setembro

O concerto será ás 22:30h, na Praza do Concello

O cantante valdeorrés, Miguel Arias, ofrecerá un concerto o vindeiro 5 de setembro ás 22:30h na Praza do Concello do Barco. A última actuación de Miguel Arias na comarca foi unha semana antes do confinamento, na Sala Baranda, á que acudiu acompañado do pianista Álvaro Manzanas.

Este concerto enmárcase dentro do “Terrasón 2020”, unha iniciativa do Concello do Barco que programa actuacións musicais dende o 24 de xullo ata o próximo 13 de setembro. Miguel Arias será unha das últimas citas deste ciclo musical, que conta con todas as medidas de seguridade derivadas da pandemia do coronavirus.

 

Miguel Arias. / Foto: Aitor Ramos (cedida).

Artigos relacionados

Back to top button