ConcellosÚltima horaViana do BoloVídeos

Mobilizacións en Viana do Bolo para pedir a continuidade da mina de Penouta

 

A praza Maior de Viana do Bolo convertíase este mediodía en escenario dunha concentración, á que acudían varios centos de persoas, para pedir a continuidade da explotación da mina de Penouta, logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia decretase a paralización cautelar da explotación mineira da Penouta (Viana do Bolo) “ante os graves impactos que ten a mina sobre o espazo protexido de Pena Trevinca, Rede Natura 2000”.

Os convocantes da concentración, que lían un manifesto, anunciaban tamén unha nova mobilización, desta volta, diante o TSXG, prevista para o xoves 9 de novembro na Coruña “para que se nos escoite en condicións que Penouta non se pecha”.

Entre os asistentes á concentración había diversos representantes políticos de diferente partidos políticos, entre eles o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, deputados provinciais e algún autonómico, así como alcaldes como os de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Veiga.

 

 

“Isto é unha cousa que non tiña por que suceder, segundo os informes da empresa teñen todo en regra, entón isto paréceme unha aberración. O que sinto é que o pobo queda destrozado, son 130 familias máis e isto é unha cadea, disto viven os bares, os restaurantes e todo o comercio, a industria e todo. Esperemos que rectifiquen e que miren o que teñen mirar. E estamos arroupando toda a comarca este proxecto á marxe das ideoloxías políticas, de feito, os tres grupos políticos do Concello amosamos por unanimidade estamos a favor de que isto non se peche”, dicía o alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos ao termo desta concentración.

Velando pola seguridade no acto estaban a Policía Local e a Garda Civil.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button