DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Mohamed Attaoui e María Viciosa, ganadores absolutos da XXXV Milla Urbana do Barco

A valdeorresa Inés Docampo conseguía unha quinta posición nunha carreira feminina moi igualada

 

O espectáculo atlético da Milla Urbana do Barco volvíase despregarse na tarde deste 17 de setembro no Paseo do Malecón do Barco. O público abarrotaba o circuíto para seguir de preto as diferentes carreiras, sendo as que xeraban maior expectación as absolutas, que comezaban contra as oito da tarde e que forman parte do calendario nacional da Real Federación Española de Atletismo.

 

 

A primeira delas era a absoluta masculina (elite), na que se facía co título, que se decidía practicamente nos últimos metros, o mundialista Mohamed Attaoui (Playas de Castellón), que corría por vez primeira no Barco e completa a distancia cun tempo de 4:20. En segundo lugar situábase Jesús Gómez do Nike Running (4:21), sendo o terceiro posto para Dani Alonso do Vicky Foods (4:23).

 

 

Especialmente emocionante resultaba a carreira feminina elite, con 9 atletas moi xoves pero de nivel, e que se caracterizaba tamén pola igualdade. Finalmente, a primeira en cruzar a liña de meta era María Viciosa (Vicky Foods) cun rexistro de 5:10, seguida de Noemí Valencia (Las Celtíberas), cunha marca de 5:11,e de Sara López (Adas Cupa do Barco), cun tempo de 5:13.

 

 

Deste xeito, Viciosa colle o relevo de Solange Pereira, que levaba 11 anos ganando a Milla barquense, unha atleta que deixaba o atletismo este ano pero que se reencontraba coa proba valdeorresa neste 2023 como público.

 

 

 

O mellor resultado valdeorrés viña da man de Inés Docampo, cunha quinta posición e que se facía do trofeo que entrega en cada edición da Milla o Periódico O SIL aos mellores atletas da comarca.

 

Entrega do trofeo do Periódico O SIL á mellor atleta valdeorresa, nesta edición, Inés Docampo.

 

 

A Milla finalizaba coa entrega de trofeos das probas absolutas e de veteranos, un acto que contaba coa presenza de representantes da Corporación barquense, entre eles o alcalde Alfredo García, e do presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, que seguía a Milla a pé de circuíto dende primeira hora da tarde.

Esta competión ten sido organizada polo Concello do Barco en colaboración co Club Adas e coa Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Ganador absoluto da Milla, Mohamed Attaoiu.

 

María Viciosa, ganadora absoluta da Milla.

 

Máis información e fotos:

A XXXV Milla Urbana do Barco enche o Malecón de atletismo, espectáculo, emoción e público

Artigos relacionados

Back to top button