EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Moita participación na campaña “con N de Nai” do Barco CCA, con sorteo de tratamentos faciais

 

Dende as 10:30h. da mañá deste sábado 4 de abril eran moitas as persoas que se achegaban o posto que O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) instalaba na praza do Concello do Barco con motivo da campaña de dinamización “con N de Nai”, que busca premiar aos clientes e promocionar o sector comercio e hostaleiro asociado.

Este posto estará ata alí ata 13:30 horas. Os clientes dos establecementos asociados poden achegarse e depositar nunha urna os seus tíckets de compra (que deberán corresponder ás compras realizadas o mesmo día), cun nome e un teléfono de contacto. Entre todos os participantes sortearanse, ao azar, cinco tratamentos faciais (por cortesía de Ana de la Puente).

Ademais, como agasallo, as persoas participantes recibían, ao depositar o seu tícket, unha crema hidratante. O sorteo celebrarase o luns 6 de maio, ás 13:30 horas. Os premiados poderán recoller o seu premio na oficina do CCA O Barco (Avda. de Galicia Nº 32 – local 1).

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button