EconomíaEconomíaÚltima hora

“Móllate polo comercio”, a nova campaña de verán da Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER)

Incentivarán as compras con actividades (tobogáns de auga e unha festa da escuma) o 4 de agosto en horario de tarde

Presentación da campaña de AEVER “Móllate polo comercio”. Foto cedida.

 

O verán é unha das épocas do ano de máis vendas no sector comercio. Por iso dende a Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER) poñen en marcha unha nova campaña de dinamización que baixo o slogan “Móllate polo comercio” era presentada na mañá deste xoves 20 de xullo na sede da asociación.

Tal como explicaron no acto, que contou coa presenza do presidente e do xerente de AEVER, Santos Álvarez e José Ángel Rodicio, así como dunha representante do Concello, trátase dunha campaña comercial de animación nas rúas e promoción de vendas financiada pola Xunta de Galicia, que estará centrada en dúas grandes actividades (tobogáns de auga e festa da escuma) que se desenvolverán o día 4 de agosto en horario de 17:30 a 21:30 horas, co obxectivo de “incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas, mobilidade dos clientes polas rúas comerciais e conciliación familiar; así como atraer aos xoves e adultos que esperemos que o disfruten e se conciencien da importancia de mercar no comercio local”.

Con respecto aos tobogáns, haberá tres zonas coas que buscan “atraer a toda clase de público dende os peques ata os adultos”: “Extrem” (mega tobogán de auga de 14m de altura X 40m de longo e 10m de ancho), apto para xoves e maiores instalado na praza Maior; “Media” (tobogán grande deslizante de auga de 7m de altura X 24m de longo e 7m de ancho), apto para xoves e instalado na praza do Concello; e “Peques” (2 tobogáns de auga, un 4,5m de altura e outro máis pequeño de 10m de longo), apto para os cativos e instalado na praza da Merced.

Para a festa da escuma porán unha zona acotada (inchable) de 12X12m con música e un para animar, con 4 horarios: de 17:30 a 18:30 para peques (3-10 anos); de 18:30 a 19:30 para xoves (de 11 anos en adiante); de 19:30 a 20:30 para peques (3-10 anos); e de 20:30 a 21:30 para xones e adultos.

Tal como adiantan dende AEVER, para participar nestas actividades hai que conseguir os tíckets “realizando compras nos establecementos asociados, que serán canxeados na carpa da Asociación situada na praza Maior”. Os que queiran participar deberán entregar 10 tíckets + 2 euros na carpa de AEVER onde serán canxeados por una pulseira coa que “terán acceso a todas as actividades, tanto tobogáns coma festa ‘holy-escuma’ durante toda a tarde”, explican, puntualizando que a carpa estará aberta 1 hora antes do inicio das actividades. Na páxina web da asociación disporán dunha aplicación para facer a reserva e compra das entradas.

 

Artigos relacionados

Back to top button