EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Multitudinaria XI Festa do Cordeiro en Celeiros (Chandrexa de Queixa)

Esta celebración gastronómica reunía a unhas mil persoas no recinto do colexio público

 

Carpas instaladas no recinto do colexio público de Celeiros e tamén o seu pavillón acollían neste mediodía a XI Festa do Cordeiro de Chandrexa de Queixa. Numerosas persoas, arredor de mil, reuníanse nesta celebración gastronómica que se retomaba logo do obrigado parón pola pandemia para exaltar a deliciosa carne que se produce neste municipio de montaña, que se servía despois de ser preparada ao espeto, acompañada de pementos verdes. Antes deste prato, degustábase empanada.

O menú servíase acompañado de viños e auga, así como dunha sobremesa, na que non faltaba a bica, café e licores.

 

 

Entre os asistentes ao xantar estaban autoridades como o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, ou como o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, ademais do alcalde de Chandrexa, Francisco Rodríguez, e outros rexedores da zona como os de Manzaneda e San Xoán de Río, entre outros.

Nesta cita gastronómica non faltaba tampouco o acompañamento musical, nin o baile, da man da Charanga Nova Terra de Trives.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button