OurenseÚltima hora

A Policía Nacional celebra os seus 200 anos de vida

Esta fin de semana realizarase o izado da bandeira de España en diferentes cidades, entre elas Ourense (na rúa Mestre Vide), así como a iluminación de monumentos históricos e lugares emblemáticos ourensáns

 

O vindeiro sábado, día 13 de xaneiro, a Policía Nacional cumpre 200 anos de historia. Baixo o lema “Comprometidos contigo”, o Bicentenario é “un fito histórico que conforma á Policía Nacional como o corpo estatal máis antigo de todas as Forzas e Corpos de Seguridade de España”, tal e como destacan dende o propio corpo.

Nos seus dous séculos de historia, a Policía Nacional evolucionou e tense ido adaptando aos desafíos de cada época, “forxando nese longo percorrido uns principios e valores moi sólidos, nados do esforzo, sacrificio e mesmo heroísmo dos seus integrantes. Durante 200 anos, os compoñentes da Policía Nacional han dado unha resposta e eficaz ás demandas de todos os cidadáns, razón pola cal, é hoxe una das institucións máis queridas e valoradas pola sociedade”, asegura.

O seu Bicentenario, considerado como acontecemento de excepcional interese público, conmemora os principais episodios da historia da Policía Nacional, a súa imaxe ante a cidadanía, o sentimento de pertenza dos seus membros e o seu recoñecemento como operador de referencia na seguridade pública, tanto a nivel nacional como internacional. Ademais, servirá de homenaxe a todos os policías nacionais que deron a súa vida en acto de servizo.

A conmemoración do Bicentenario levará a cabo durante todo o 2024, mediante un extenso programa de actividades que se desenvolverán por todo o territorio nacional e que son impulsados e coordinados pola Comisión Nacional, órgano colexiado interministerial adscrito ao Ministerio do Interior que actúa baixo a Presidencia de Honra das súas Maxestades os Reis.

Izado de bandeira en diferentes cidades españolas, entre elas Ourense

O vindeiro sábado, 13 de xaneiro ás 12 horas, realizarase o izado da bandeira de España en diferentes cidades españolas, eventos que darán a saída a todos os actos programados polo Bicentenario. En Ourense, o izado da bandeira levarase a cabo na rúa Mestre Vide (chaira fronte a Comisaría Policía Nacional) en acto que será presidido polo subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, e autoridades policiais e civís. Igualmente iluminaranse varios monumentos da cidade.

Durante o 2024 están programados diferentes actos por todo o territorio nacional como actividades e acontecementos culturais e de lecer, exhibición de espectáculos audiovisuais e musicais, a celebración de exposicións e seminarios ou a edición de material promocional e informativo. Entre eles destaca unha exposición itinerante que aglutinará os 200 anos de servizo público.

O 200 aniversario tamén se verá reflectido no calendario de carreiras populares Ruta 091 organizadas pola Policía Nacional. Durante 2024 organizaranse máis de 45 carreiras deportivas por diferentes cidades españolas, todas elas cun carácter eminentemente solidario, e enmarcadas nos actos do Bicentenario.

200 anos ao servizo dos cidadáns

O 13 de xaneiro de 1824, por iniciativa do Rei Fernando VII, promulgouse a Real Cédula pola que se creaba a chamada Policía Xeral do Reino, antecedente histórico da actual Policía Nacional e primeiro corpo policial con dimensión nacional coa función de “garantir o ben e a seguridade pública”. A tal fin, dotouse a esa Policía de “unidade, extensión e forza” recoñecéndoa como un “beneficio para a civilización” e a “primeira garantía do ben e da felicidade pública”.

Ao longo destes dous séculos de existencia, e a pesar de contar con diferentes denominacións, a Policía Nacional ha servido de forma ininterrompida a todos os cidadáns e a España, sempre cun mesmo espírito de servizo público. En 1844 coñecíase como Corpo de Protección e Seguridade, despois, de Vixilancia e posteriormente de Seguridade e Vixilancia. En 1942 pasou a denominarse Corpo Xeral de Policía e, en 1978, Corpo Superior de Policía, de natureza civil, que coexistía co Corpo de Policía Armada, que cambiou o seu nome con posterioridade polo de Corpo de Policía Nacional, con estrutura e organización militares.

Finalmente, en 1986 integráronse ambos os corpos nun só, o Corpo Nacional de Policía, cuxa denominación pasou a ser Policía Nacional no ano 2015.

En 1978 sucedeu outro fito histórico. O BOE publicaba a convocatoria de probas de selección nas que se incluía cen prazas para “membros femininos”. Ao ano seguinte, en 1979, 42 mulleres xuraban o cargo e formaban parte da primeira promoción do Corpo Superior de Policía. Actualmente a Policía Nacional conta cuns 74.000 axentes, dos que 12.600 son mulleres, o que supón case o 18% do seu persoal total. Catro delas, comisarias principais, forman parte da Xunta de Goberno da Policía Nacional.

Artigos relacionados

Back to top button