En portadaÚltima hora

Música e moito máis, nun completo SilFest 2023 que se despedía cun numeroso público

 

Mentres os máis pequenos desfrutaban na zona miniSilFest, a partir das 22:30h. do sábado, con cineinfantil, continuaba a música no escenario D.O. Valdeorras do SilFest Valdeorras. Tras as actuacións de Luis Fercán e Fillas de Casandra, chegaba cunha gran acollida o cantante Ángel Stanich coa súa banda, que encandilaba ao público.

 

 

As actuacións continuaban despois con Alberto & García, The Gulps e Señora Dj, ata ben entrada a madrugada do domingo. Deste xeito, poñíase o broche a un intenso e completo programa que vén a demostrar que o SilFest é música e moito máis, á beira do río no Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button