OurenseÚltima hora

“MUU” actuará na Valenzá (Barbadás) este xoves, 23 de xullo

O espectáculo "Crunch" será no Parque dos Patos, ás 21h e enmárcase dentro do programa de verán do Concello

O vindeiro xoves, 23 de xullo, ás 21h, terá lugar no Parque dos Patos de A Valenzá (concello de Barbadás) o espectáculo “Crunch”, a cargo do grupo “MUU”. A actividade forma parte da programación cultural que o Concello de Barbadás prepara para este verán baixo o proxecto “E no verán? Refréscate coa Cultura”.

“Crunch”, recomendada para toda a familia e cunha duración aproximada de 50 minutos, é un espectáculo de novo circo e clown protagonizado por dous superheroes “que están dispostos a todos para axudar aínda que as cousas non saian sempre como queren”. “No fondo todas as persoas somos superheroes”.

O programa cultural de Barbadás deu comezo o pasado 2 de xullo co actuación “Ikigai”, do grupo SU.MA e continuará ata 3 de setembro con numerosos eventos musicais e teatrais.

 

Cartel promocional de “Crunch”. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button