En portadaÚltima hora

Na Veiga construirase unha nova residencia de maiores

Política Social e o Concello ourensán asinarán un convenio de colaboración para a creación deste novo servizo

Panorámica da Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ata 300.000 euros destinará a Xunta de Galicia para a construción dunha nova residencia de maiores na Veiga. Este investimento materializarse a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello ourensán que está previsto que se asine neste primeiro trimestre do ano, segundo se vén de anunciar dende este departamento autonómico.

O Concello da Veiga encargarase da construción deste centro residencial, que será de titularidade municipal e que tamén contará coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.

Con esta actuación, “o goberno galego reafirma o seu compromiso coas persoas maiores e con poñer á disposición destas máis programas e servizos que melloren o seu benestar e o das súas familias”, segundo a consellería.

 

Artigos relacionados

Back to top button