A RúaConcellosÚltima hora

Nace A Rúa Vive! un festival de música urbana e “remember” que se celebrará no Aguillón o 28 e 29 de xullo

Sergito, Iván Tato, Karayán e Tariro pincharán o venres

Frisco e Marcos Peón.

 

Os vindeiros 28 e 29 de xullo a partir das 21:30 horas celebrarase no Aguillón, na Rúa, un festival temático que reunirá DJ de diferentes estilos. Bautizado como A Rúa Vive! “busca lembrar aqueles anos de música disco que lle deron tanta vida á noite ruesa e ao mesmo tempo poñernos no presente coa música que trunfa entre as novas xeracións”, aseguran dende a organización. Unha declaración de intencións para “revivir e para vivir momentos de felicidade ao ritmo da música coa que máis nos identifiquemos pinchada por auténticos profesionais”, aseguran, indicando que neste festival poderemos ver tamén a evolución dende o pinchadiscos de toda a vida ata o DJ actual, coas súas semellanzas e as súas diferenzas.

O venres día 28 será o día escollido para a música urbana coa maior parte dos DJ da contorna: Sergito, Iván Tato, Karayán e Tariro. Só Luismi e Tuxiro son de fóra, sendo este último residente da famosa discoteca Pelícano da Coruña. O sábado día 29 a música “remember” será a protagonista. Pincharase música dos 80, 90 e 2000 contando tamén cun cartel de profesionais de luxo: Karayán, DJ Repunante, Chack Crespo, Diego Alo, e os máis famosos Motto, Frisco e Marcos Peón. Estes últimos chegan á Rúa co seu espectáculo Guateque Yo Lataba en EGB.

 

Tuxiro DJ.

 

O festival está organizado polos establecementos TB, O 4 e o Bravo Lux con importante colaboración do Concello da Rúa e de Protección Civil.

As entradas do venres e do sábado terán un custe de 15 euros con consumición; e o abono por 2 días está ao prezo de 25  euros, incluíndo neste caso 2 consumicións.

Artigos relacionados

Back to top button