CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Naialma abre o “VII Ciclo de Música de Cámara, Petiscos Musicais” en Allariz

Esta actuación terá lugar este sábado ás 20h. na sede da Fundación Vicente Risco, promotora do programa

 

A Fundación Vicente Risco vén de presentar o programa do “VII Ciclo de Música de Cámara, Petiscos Musicais”, cun total de catro actuacións. A primeira delas será este sábado ás 20h. Trátase dun concerto de Naialma na sede desta entidade cultural en Allariz (rúa San Lourenzo, 3). As composicións son de Alberto Vilas e Naialma achega un traballo que define como “íntimo e persoal” con temas que “foron crecendo dentro ao longo do tempo”.

Dende a fundación lémbrase que “a capacidade da sala do piano é de trinta e cinco (35) persoas, pero pola normativa Covid-19 este ano o aforo será de 15 persoas, polo que a inscrición será por rigorosa solicitude e pago do correspondente abono na conta da Fundación Vicente Risco. A doazón mínima para o abono dos catro concertos é de 40 €”.

Este evento musical xurdía no 2015 da man da profesora de piano Cristina Vázquez Canal. “Os Petiscos Músicais son un ciclo anual de catro concertos (un por cada estación do ano) que tivo unha gran acollida entre os amantes da música de cámara”, aseguran dende a Fundación Vicente Risco, “motivo que nos animou a programar unha nova tempada”.

Dende a Fundación Vicente Risco incídese no esforzo por pogramar eventos con seguridade  xa que “a cultura ten que continuar a pesar da pandemia da Covid-19.

 

Programa desta edición deste ciclo de música en Allariz.

Artigos relacionados

Back to top button