A socialista ourensá Noela Blanco vén de anunciar que presentou ante a Comisión de Ética do PSdeG, o “número máximo de avais permitidos (82) para seguir adiante no proceso de elección de delegados e delegadas ao 40°Congreso do PSOE”. Isto supón que haberá dúas listas a elixir na provincia de Ourense, a de Noela Blanco e a de Francisco Fumega, xa anunciada pola executiva provincial do PSdeG.
Ademais Blanco agradece “a todas as compañeiras e compañeiros que me estades botando unha man nesta andaina. Rematada esta fase, conto con todos e todas vós para a seguinte”.