ConcellosO BarcoÚltima hora

Nova concentración de apoio ao pobo palestino no Barco

 

“Levamos máis de cinco meses, case 300 convocatorias en cidades e vilas por toda a Galiza, exixindo unha acción real dos nosos gobernos. Exiximos, desde o primeiro día, unha implicación real orientada a deter dunha vez por todas a matanza”. Deste xeito comezaba o manifesto ao que se daba lectura na concentración de apoio ao pobo palestino celebrada na tarde deste 21 de marzo na praza do Concello do Barco.

Nestes texto tamén se denunciaba unha serie de “hipocresías” tanto do goberno español como da Unión Europea e “fronte á a hipocrisía e ásmentiras, frente ao ocupante sionista, o pobo palestino non se rende. Resiste en Gaza e na Cisxordania. Resiste nos Territorios Ocupados, en Xerusalén Leste e tamén na diáspora. E continúa sen ser derrotado! E por iso nós non abandonamos as rúas, nin calamos”.

O manifesto finalizaba anunciando unha nova xornada de mobilización, prevista para o 3 de abril e “novas accións de solidariedade por todo o país”. A concentración iniciábase cun minuto de  silencio polo asasinato da moza de Ribeira.

A do Barco era unha das 26 concentracións de apoio a Palestina que se celebraba neste 21 de marzo en Galicia, entre elas estaban tamén as de Ourense e Allariz.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button