CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Novo empate para o CD Barco, hoxe a uns contra o CD Ribadumia

 

Despois da homenaxe a Fernando García e cos xogadores xa no campo de Calabagueiros tralo minuto de silencio, pasadas as 16:45 horas deste domingo 10 de marzo comezaba o partido da xornada 25ª en preferente Galicia entre dous equipos que mediron forzas e acabaron en táboas.

 

 

Tras unha primeira metade sen goles e pouca intensidade co míster local lonxe do banquiño por sanción, xa na segunda parte do encontro eran os visitantes os que se adiantaban no marcador co primeiro gol da tarde no minuto 72. E cando xa se daba o partido por perdido, no fio xa do tempo de desconto, marcaba Konaté para o Barco, poñendo o 1-1 no marcador.

 

 

Con este novo  empate, o CD Barco suma 14 manténdose na parte baixa da clasificación, a un posto da zona de descenso. A seguinte cita será no campo do Cultura Areas (8º clasificado).

 

 

Hoxe era tamén o día do club e os asistentes, menos que noutras ocasións, eran convidados a bocadillos de panceta gratis durante o descanso “porque estamos moi seguros de que sería o que máis lle gustaría ao noso directivo, Fernando García, vernos a todos xuntos e unidos. Vai por ti mestre!”, adiantaba o presidente do CD Barco, Nilo Ramos.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button