EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Novo encontro do sector da lousa para valorar a crise sanitaria provocada polo coronavirus

A xuntanza tiña lugar este luns coa participación do 80% do empresariado asociado á Federación Nacional da Pizarra

 

Despois dunha primeira xuntanza celebrada o 18 de marzo, a Federación Nacional da Pizarra vén de manter un novo encontro nesta mañá de 23 de marzo en Sobradelo de Valdeorras para realizar un seguimento á situación que atravesa o sector con respecto á crise sanitaria provocada polo coronavirus.

O encontro, que contaba cunha representación de máis do 80% das empresas federadas, concluía co “compromiso total de cumprimento por parte das empresas da lousa, da lexislación vixente para garantir a saúde os trabajadores”.

Nese senso, as empresas do sector aseguran que, “en todo momento, estase cumprindo ademais de coa lexislación vixente, cos protocolos adicionais establecidos polos servizos de prevención de riscos de cada compañía para facer fronte á pandemia. Estas medidas extraordinarias, contidas nos protocolos adoptados por cada unha das empresas federadas, axústanse ás especificidades propias de cada compañía”, segundo a Federación Nacional da Pizarra.

Ademais esta entidade empresarial asegura que “as medidas adoptadas por cada empresa foron consensuadas en común acordo cos traballadores e os seus representantes e que o seu fin último é garantir a saúde de estes preservando o emprego”.

Con respecto ás posibilidades de que se pare a actividade no sector a federación non se pronuncia e indica que isto dependerá dos acordos que se tomen en cada empresa.

Artigos relacionados

Back to top button