En apenas unha semana, a parroquia de Queixa no municipio de Chandrexa de Queixa volve rexistrar outro incendio forestal. Iniciábase ás 17:55h. horas desta tarde e está estabilizado dende as 20:20h. Segundo as primeiras estimacións provisionais, afecta a unhas 6 hectáreas de monte raso.
Na extinción deste lume, nun lugar tamén de difícil acceso, están a traballar neste momento 1 axente, 5 brigadas, así como 9 helicópteros e 7 avións, segundo se informa dende a Consellería do Medio Rural.